O mes de maio ven cargadiño de cousas para vos, que coma nós, sodes uns amantes dos cómics. Non queremos desvelar moito xa que quedan días e días por diante para coñecer todo o que queda por vir; pero vos adiantamos que mañá podedes levarvos un cómic pola p… cara. So tedes que ir a unha destas tendas especializadas e pedir o voso exemplar. Se sodes lectores de cómics habituais, o día do cómic gratis español é o premio á vosa fidelidade e bo gusto. Se non sodes lectores habituais de cómics, este pode ser un bo día para achegarvos a eles, non si?.

Informádevos, na vosa tenda especializada, das distintas promocións, sesións de firmas e actividades que están programadas e que farán, deste, un día incrible.

Mercade tebeos ou levadeos de clocló pero sobre todo pasádeo da ost.. no Día do Cómic Gratis Español!!!

Vémonos

Anuncios