Se hai uns meses anunciabamos a noticia das dificultades que estaban a ter, o guionista Carlos Portela e o ilustrador Sergi San Julián, para editar a segunda e esperada continuación de A Conta Atrás… hai unha semana tivemos o placer de ler que non só se editará, senón que foi galardonada co II Premio Divina Pastora de Novela Gráfica Social.

Elexida gañadora, unánimemente, por un xurado de nivel:  Paco Roca, Antonio Ortiz “Ortifus”, Álvaro Pons, Sento Llobell e a xerente da Fundación Divina Pastora, Rosa Laparra; esta segunda parte, da novela gráfica inspirada na catástrofe do “Prestige”, relata a orixe de tódalas súas personaxes. Unha viaxe ao pasado que nos fai entender o presente -narrado na primeira novela- para descubrir o circo das eleccións locais posteriores á desastre ecolóxica, as protestas cidadás, a desinteresada e heroica intervención dos voluntarios e a devastadora chegada da marea negra. Unha historia coral sobre a condición humana ambientada nun drama que nos tocou de cheo, da que, a propia xerente da fundación destaca a “extraordinaria calidad tanto por su temática como por su expresión gráfica”.

Só nos queda dicir: NORABOA aos premiados e que estamos desexando tela nas nosas máns.

Anuncios