Coa última semana de Maio, parece que xa casi podemos sentir un pouco dese cheiro a praia que se aproxima ahí, á volta da esquina… Pero nós, xa sabedes, temos a mira posta en Agosto, na nosa cita anual co festival Viñetas desde o Atlántico.

VOLUNTARIXS VIÑETAS 2013E por esto de ir planeando, de seguro que vos fixastes no equipazo de voluntariado que sempre nos acompaña durante a celebración de Viñetas, ou?! Pois mirade ben a foto e apuntade esta data: 4 de Xuño, porque será o día no que poderedes acceder dende este blog aos formularios de inscrición como voluntarixs na caseta das Bibliotecas Municipais.

Verán, musiquiña, micrófonos que están vivos, moita jarana, moito traballo do que mola e un ambientazo comiquero dos de aupa, que máis queredes?! Só vos falta apuntarvos para botarnos unha man!

Anuncios