A partires de hoxe mesmo, teremos unha nova tenda de cómics e xogos en Coruña. Trátase de Metrópolis Cómics, un proxecto que comezou a súa andadura en Ferrol e a través de internet e que por fin ten un espazo físico na nosa cidade.

Despois de 10 anos traballando para tódolos amantes de cómics ferroláns, e para os asistentes a Viñetas desde o Atlántico, estes mestres das viñetas amenizarán a nosa existencia con torneos, sorteos, actividades e moitas sorpresas máis a partires de xa. Pero mentres agardamos polo que está a vir, o mellor que podemos facer é desfrutar.  Así que gocemos, como en toda inauguración que se precie, hoxe a partires das 18 e no seu local, da inauguración da tenda cunha merendola.

Nos estaremos alí, xa que a súa situación (enfrente da biblioteca Forum) augura que “Este es el comienzo de una hermosa amistad”.

Vémonos!!!

Anuncios