Mañá, 1 de agosto, arranca a Feira do Cómic e o luns, 4 de agosto, a 17 edición do Festival Internacional da Historieta da Coruña: Viñetas desde o Atlántico 2014.

Pero é que ademáis as Bibliotecas Municipais temos durante todo o mes, actividades e mostras de cómic, acaba de xurdir AUTOBÁN, un minifestival de autoedición… é dicir, A Coruña en agosto, convírtese na cidade da historieta!

E que mellor maneira de comezar todos estes eventos, que con tres dos autores galegos máis recoñecidos do momento: Emma Ríos, José Domingo e David Rubín.

Mesa redonda: Cómic galego sen fronteiras

No Centro Ágora, mañá día 1 de agosto, a partir das 20:30 h terá lugar a Mesa redonda: Cómic galego sen fronteiras. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade.

Moderados por Henrique Torreiro, os autores locais debaterán sobre o mercado internacional do cómic dende a súa experiencia nos mercados de EE.UU. e Europa.