Médicos Sin Fronteras e a Biblioteca Muncipal Forum Metropolitano invítavos á mesa redonda sobre fotoxornalismo e conflictos que se celebrará o xoves 7 de agosto no marco do Salón “Viñetas desde o Atlántico”

Médicos Sin Fronteras organiza unha mesa redonda sobre a situación do xornalismo e a acción humanitaria e como estas se ven afectadas polos conflitos armados. El Fotógrafo, cómic que narra a historia do fotoxornalista Didier Lefevrè acompañando a unha misión de Médicos Sin Fronteras no Afganistán dos anos 80, serve de fío condutor para describir cómo afecta o conflito á sociedade afgana, o que a converte nunha obra de total  actualidade; especialmente nun momento en que se multiplican os conflictos armados que afectan á poboación civil: Gaza, Ucrania, Sudán do Sur…

Na mesa debaterase sobre a importancia de dar testemuña das consecuencias que un conflito armado ten sobre a poboación civil e sobre as dificultades que soportan as organizacións humanitarias. Os equipos que traballan en terreo teñen que enfrontarse á presenza de grupos armados e ás estratexias de manipulación e politización da asistencia en beneficio de outros intereses que non son os de las poboacións necesitadas de axuda urxente.

Todos estos temas e máis trataranse dende a perspectiva dun debuxante de cómic, Miguelanxo Prado; un fotoxornalista, Andrés Fraga, e unha representante de MSF con experiencia en conflitos armados, Marian Rodríguez. Presentado e moderado por Iván Serrano, coordinador do club de lectura de cómics da Biblioteca Municipal Forum Metropolitano.

Mesa Redonda: Fotoxornalismo e conflictos a propósito do cómic “El Fotógrafo”

Fecha: Xoves 7 de agosto

Hora: 19.00

Lugar: Carpa de Actividades do Salón do Cómic Viñetas. Xardíns de Méndez Nuñez.

Participantes:

Andrés Fraga (fotoxornalista)

Miguelanxo Prado (debuxante de cómics)

Marian Rodríguez (pediatra expatriada de MSF)

Modera: Iván Serrano, coordinador do Club de lectura de cómics da Biblioteca Municipal Forum Metropolitano.

 

Anuncios