O vindeiro, sábado 4 de outubro ás 11:30h na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil teremos un obradoiro de banda deseñada co ilustrador Xosé Tomás, dentro do programa Ler Conta Moito.

  • Obradoiro de banda deseñada: coñécete a través dos cuadriños

Coñecete a través “da banda deseñada”: crea persoaxes baseados no teu entorno. Inventa guións sobre a túa vida e vive a túa propia historia entre as viñetas.

Así que, se tes 12 ou máis anos e non tes outra cousa máis interesante que facer o sábado 4 pola mañana (lembra que máis interesante que o cómic poucas cousas hai), só tes que inscribirte e tes os seguintes xeitos de facelo dende hoxe mesmo:

– Coller o teléfono e chamar ao 981184388

– Tamén nos podes enviar un mail a binfantil@coruna.es

– Ou se pasas pola Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil inscribirte no mostrador.

cartel xosé tomás

 

Anuncios