Henrique Torreiro

O noso amigo Henrique Torreiro acada este ano o Premio Ourense de Banda Deseñada. Esta distinción recoñece  o traballo dunha persoa ou entidade a prol da novena arte no noso país.  Este crítico e dinamizador viu valorado así a súa longa traxectoria de máis de vinte anos desde o colectivo Phanzynex e a organización das propias Xornadas de Ourense ata o seu labor como divulgador, dentro do cal desdenvolve a súa columna de opinión en Culturagalega.org.

Hai 6 anos as Bibliotecas Municipais da Coruña tiñamos a honra de recibir este mesmo premio.

[Vía culturagalega.org]

Anuncios