Esta fin de semana presentase o primeiro AU/OU. Unha festaza adicada a autoedición e ao cómic de autor enmarcada nas XXVI Xornadas de BD de Ourense. A primeira cita será o 10 de outubro, día no que se celebrará un “bibliocafé”, na Habitación de la niña caracol, que acollerá minipresentacións de 3 minutos cada unha, dos artistas e colectivos participantes nesta edición. Ao día seguinte teremos practicamente aos mesmo protagonistas vendendo as súas obras no mercadillo, que de 11 a 14.30 e de 16 a 20.30, terá a súa sede no Sindicato Del Comic. A participación moi variada e animadísima contará con presenza de: Barbamigos Web, Ismael López Arias, Altar Mutante ComixDiscos Porno, EULER, Sergio Covelo Moreira, Nuria Figueiredo , Colectivo Gigante, Grixa Gris, Kike J. Díaz, Compota de Manatí, Miguel RobledoAiradasletras, Cabeza de Corte Aéreo, Un Dani , Cristian Fojón , Roberto Martinez Soler , Bernal Prieto , Roque Romero , Pelo Di Cane, Martin Romero, Li Aguaviva, Adrián A. Astorgano, Luis Sendón y Fosfatina!!!!

Bulide!!!

Anuncios