Dende o Consulado de Planeta Mincha, infórmannos de que acaban de comezar unha campaña de crowdfunding en Verkami para conseguir mecenas que lles axuden a publicar “Destino Hërgüss“; a primeira novela gráfica ambientada no particular Planeta Mincha e que vai acompañada de BSO composta tamén polo autor Manel Craneo.

Dende xa, pódense facer achegas que van desde os 4 até os 1000 euros. O obxectivo é conseguir financiar as 2 edicións, de 1000 exemplares cada unha, escritas unha en galego e outra en castelán. As recompensas que están dispoñibles para os financiadores van desde o libro en versión dixital, camiseta oficial, adhesivos, series limitadas de artesanía mincha,  merchandising diverso ou mesmo o certificado de empadroamento do Planeta Mincha, o demo do videoxogo, apadriñar a un personaxe secundario do cómic ou mesmo a posibilidade de incluír o logo dunha empresa no lombo do libro. Unha infinidade de posibilidades orixinais e divertidas.

“Destino Hërgüss” é a primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha. Está protagonizada por Pichük y Tombö. O primeiro deles é o personaxe da serie de libros ilustrados Diario de Pichük, editada por Everest. A obra ofrece conexión con esta serie de libros a través do personaxe citado, pero neste caso vai destinada a un público xuvenil e adulto e aborda unha aventura complementaria en formato novela gráfica onde coñeceremos outros personaxes que pasarán a formar parte deste particular universo.

Os principais valores e defectos humanos son abordados substancialmente nesta aventura de ciencia-ficción fantástica con ton de thriller e matices de humor que nos deixa unha reflexión sobre o mundo real a través das dificultades que implica conseguir un posto de traballo e a crítica ao sistema de control por parte da sociedade.

Destino HërgüssFICHA TÉCNICA

Autor: Manel Cráneo
Número de páxinas: 108 en cor
Encadernación: tapa dura con lomo redondeado
Medidas: 17 cm x 24 cm
Tiraxes: 1.000 exemplares en galego 1.000 exemplares en castelán

Anuncios