Cómic Book + é un repositorio dixital desde o cal podes descargar e ler legalmente no teu dispositivo electrónico máis de 24.000 cómics. Ademáis integra cómics estadounidenses das décadas de 1930, 1940 e algúns anos de 1950.

No repositorio podes buscar por por editorial, idioma, xénero ou categoría (crime, Fantasía, horror, humor, nenos, aventura, superheroes, western, deportes, aviación, piratas, etc.).

Os arquivos están dispoñibles en formato .cbr ou .cbz, para o que  necesitarás unha aplicación adecuada para ler cómics, como Cómic Zeal para o iPad, ou as aplicacións para Android: Perfect Viewer ou Comicat; aínda que tamén podes lelos online se estás rexistrado na páxina. Para descargar material de Cómic Book Plus, necesítase rexistrarse e esperar a aprobación dos administradores do sitio.

Fonte: Universo Abierto

Anuncios