https://i0.wp.com/culturgal.com/file/2013/09/logo-footer-culturgal6.pngO Salón de Viñetas desde o Atlántico é candidato ó Premio do público Culturgal 2014.

O Premio do Público Culturgal 2014 institúese coa finalidade de facer público o recoñecemento de proxectos destacados e relevantes para a sociedade e vinculados á cultura galega. Valoraranse especialmente aquelas propostas novidosas, con proxección de futuro, transversais e asociativas, que se relacionen directamente coa sociedade civil e fomenten a súa implicación. A participación do público é clave para a acción cultural en xeral e para a proxección de Culturgal en particular.

E o público é quen elixirá a proposta gañadora do Premio mediante un sistema de votación por Internet –límite dun único voto por IP- a través dun apartado especial da web de Culturgal. A proposta lanzouse o día 30 de outubro de 2014 e o prazo para as votacións estará aberto até o 18 de novembro ás 00:00 h.

A candidatura que acade o maior número de votos será a gañadora do Premio do Público Culturgal 2014. Contará cun espazo propio no recinto da Feira e recibirá un diploma acreditativo no transcurso dun acto especial que terá lugar o domingo día 7 de decembro ás 17.00 horas no Espazo do Libro da Feira Culturgal.

Anuncios