Nadal+ Roman Jakobson + Richard Barthes +  Simon Bisley = Festa rachada!Portada Lobo especial Navidad

A fórmula non é química, pero así escrita da en resultar unha química especial. Igual que aquel gran turrón que nos metían no hipotálamo a base de cantaruxar “El looobo…” -olvidade esta referencia xs máis novxs, só a entendemos xs nadxs baixo o sino do buenrollismo ochentero- hoxe dame por celebrar un cómic de Nadal protagonizado por un gran turrón, o lobo máis turrón do universo de feito, un número especial navideño da colección de Lobo, esa personaxe creada por Simon Bisley que a máis de un/ha nos fai chorar da risa a base de humor cáustico, negro, salvaxe e pasado de rosca.

A fórmula de arriba non é gratuíta. Cando tras dunha reunión no cuartel xeral dxs mega freaks das Bibliotecas Municipais falamos de recomendacións para este Nadal, dinme de conta de que o único cómic de temática de Nadal que me gustaba era este e claro, pensei en facer un par de liñas abogando por un Nadal alternativo, cheo de vísceras e mal rollo… Mais ao relelo pensei en facer a formulación para unha alquimia do lecer. Un lecer que sin querer remite ao grande da linguaxe do cómic, a capacidade para identificar e cuestionar a propia linguaxe ou simplemente desfrutar dun exercicio de metaficción en nivel violencia.

Metaficción en Lobo de BisleyCando Roman Jakobson disertaba sobre a lingüística e as funcións da linguaxe estou segurx de que non esperaba que a función metalingüística, tan recurrida para a teoríLobo Nadal metacómica da comunicación infantil, ía servir para dar vida a moitas metas -a metaficción de Richard Barthes e máis tarde a súa aplicación a todos os xéneros narrativos ficcionais- nin tampouco servir para convertir unha macarrada nun exercicio de intelectualidade gafapasta. A estructura do exercicio é simple: Nena agardando o Nadal-Nena aburrida por non ter con quen xogar-Nena atopa cómic de Lobo-Nena traspasa o umbral da ficción e transporta o cómic á propia realidade ficticia do cómic, sinxelo non?

Pois ben, estou segurx de que xs habituais de Lobo xa estaredes afeitxs a atopar este tipo de (d)i(s)rrupcións dentro das súas historias, outrxs seguroLobo de Simon Bisley metacomic que coñecedes de sobra a Scott McCloud ou as intromisións máis gamberras de Robert Crumb porque en realidade coñecemos instintivamente este xogo da metaficción e dase de xeito case natural nun medio que se presta a fragmentar, moldear e xogar co discurso narrativo-visual.

Así que despois de toda esta formulación “meta-cómica”, matade ao hipster gafapasta que levamos dentro,á pretenciosa intelectualidade e botade unhas boas risas con este cómic, que máis que nunca nestas datas compre lelo e relelo. Intelectual si, pero punk!

Bo cambio de ano amighiñxs. E non comades moito cadáver!

Anuncios