Necesitas unha sala de exposicións para dar a coñecer o teu proxecto artístico?

    O CMIX puxo en marcha no Forum Metropolitano a sala Plataforma14, co fin de potenciar e visibilizar o traballo da xuventude creadora da nosa cidade. As obras expostas pertencerán, en sentido amplo, ás incluídas no campo das artes visuais (debuxo, escultura, instalacións artísticas, fotografía, ilustracións, perfomance, pintura, videoarte, etc), sempre que se poidan axustar ao espazo expositivo e o seu equipamento.

    A sala está dotada de iluminación, sistemas de suxeición e soportes adecuados para a exposición de artes plásticas e/ou arte multimedia, e conta con acceso a Internet a través de rede Wifi.

    A cesión do espazo expositivo será totalmente gratuíta. O período de cesión máxima da Sala será de 20 días hábiles.

    O prazo de solicitude aberto durante todo o ano e os requisitos son os seguintes:

     . – Mozos creadores de entre 15 e 35 anos, vinculados á nosa cidade, é dicir, que nacesen, residan, traballen ou estuden nela. Os menores de idade deberán estar representados polo seu pai/nai/titor legal.

     . – Colectivos de artistas, nos que polo menos o 75% da persoas que integren o dito colectivo cumpran os requisitos establecidos no punto anterior.

     . – Centros educativos que impartan estudos regrados oficiais vinculados coa creación artística.

     . – Entidades sen ánimo de lucro, que queiran promover unha exposición vinculada coa creación ou cultura xuvenil.

Fotografía da exposición Narracións Visuais

 

Atréveste a expor os teus orixinais de Banda Deseñada?

Máis información no Centro Municipal de Información Xuvenil