O Día da Ilustración, instituído o ano pasado na data do 30 de xaneiro, aniversario do nacemento de Castelao, celenbránse varios actos organizados por AGPI.
A CORUÑA
- Biblioteca Pública Miguel González Garcés [Ubicación]
- 19:00 h. unha mesa redonda titulada «As mil caras da ilustración: novos campos e soportes para o traballo ilustrado» na que participarán os nosos socios Marina Seoane, Sekone e Alberto Guitián
- The Room [Ubicación],
- 20:00 h unha sesión de Drink & Draw a cargo do Colectivo Miñoco.
- 12:00 a 13:30 h, terá lugar o Curso de iniciación a Affinity Designer, un novo softwarede debuxo vectorial, a cargo de Bernal Prieto.
- 13:30 e 15:30 h. a Sesión Vermú permitirá confraternizar, con petiscos a cargo de The Room.
- 18:00 h., unha sesión dePictionary por Miñoco, co popular xogo nun formato aberto, áxil e divertido.
- 21:00 a 22:30 unha nova edición do IlustraNoite, con micropresentacións de varios autores e xente relacionada coa ilustración.
- Exposición de orixinais de diversos ilustradores, que se venderán ao prezo único de 20 euros.
VIGO
- Café Detrás do Marco [Ubicación]
- venres 30, ás 20:00 h, haberá outro IlustraNoite, e durante toda a fin de semana, exposición dos participantes.
- La Fiesta de los Maniquíes [Ubicación]
- sábado 31, ás 23:00 h, en novo Combate de Debuxantes, no que varios contendentes se enfrontarán ilustrando en gran formato e con tempo limitado conceptos ao azar.
Todas as actividades son de entrada libre e gratuíta.