En realidade cando me encargaron o tema de facer un post para o San Valentín pensei en forzar a miña decrecida neurona en busca dalgunha recomendación, análise, reseña interesante e motivadora dun tipo coma min, soso, miope e tirando a pouco detallista no que se refire ao romanticismo. Ven sendo como que a miña interpretación da vida amorosa post-química -lembrades que todo é froito dunha alteración neuroquímica, non é?- parécese máis ás Andanzas de un hombre en pijama de Paco Roca que  a unha teleserie con moito azúcre.

EL AMOR 02Pero eso non quita que eu sexa un sentimental empedernido, un subproducto do máis edulcorado amor sinxelo pero pasional, rutinario pero intenso, erótico e festivo. Claro, tras desta declaración de virtudes, que menos que recomendar un cómic sobre o amor, e xa postos, nada mellor que un que inclúe o amor no título, e que de feito chámase así: El Amor, de BastienEL AMOR 01 Vivès (Diábolo, 2013). De seguro que moitxs de vós xa desfrutastes desta xoia en pequeno formato, para quen non o fixera, estades perdendo unha das mellores formas de narrar gráficamente toda a épica que conleva ese confuso virus de Cupido, dende as confesións máis íntimas ao vacío existencial tecnolóxico, do amor paterno filial á experiencia mental do dogging. Esto é amor, con todas as risas que conleva, e con todo o cinismo de nós mesmxs ante o afecto máis loado na poesía universal -e para mostra, a enorme última páxina deste libriño cun soneto de Góngora que de seguro consigue emocionarvos tanto que colapsedes da risa!.

Viñeta de SAGAMais ao falar de amor e cómic, eu, á marxe do cinismo de Vivès, quedo cunha desas historias que, por reinterpretar a tradición dunha forma innovadora, fan que incluso chegue a admirar a forza do amor. Brian Portada del cómic SagaK. Vaughan é ben coñecido polas súas historias distópicas no futuro primitivo que é agora mesmo, forzando a mirada no político , no que moitas veces se perde nas miradas sobre o cómic. E Saga -desta volta sei que moitxs faredes a ola da emoción- é unha desas voltas de torca a un clásico tan amado como odiado, Romeo e Xulieta, mais desta volta con regusto á historia máis actual. Qué pasaría si Shakespeare vivira no noso tempo e non vira Capuletos e Montescos senón que vira o drama Palestino e retratara o amor entre oprimidx e opresor/a? E se nacera o amor entre criminalizadx e criminal? As múltiples lecturas que se poden facer das personaxes desta serie abren o abano ás diferentes miradas, mais eu prefiro pensar que o amor é, dalgún xeito, tan cínico coma nós, e termina por atrapar opostos paradóxicos que terminan por humanizarnos.

Non sentides a chamada do amor? Pois nada, a desfrutar del a corazón aberto!

DETODOCORAZON

Anuncios