Destino Herguss

Este venres 13 de Marzo ás 19:00 h. a Biblioteca Municipal Forum Metropolitano acollerá a primeira presentación do cómic Destino Hërgüss de Manel Cráneo, editado por Demo Editorial. É acto está organizado en colaboración entre a propia Biblioteca e tenda Metrópolis Cómics.

Cráneo, autor de obras moi recomendadas como Os lobos de Moeche ou A torre dos mouros, recorreu ao sistema de crowfounding para financiar este proxecto.

Destino Hërgüss é a primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha. Está protagonizada por Pichük e Tombö. O primeiro deles é o personaxe da serie de libros ilustrados Diario de Pichük, editada por Everest. A obra ofrece conexión con esta serie de libros a través do personaxe citado pero neste caso vai destinada a un público xuvenil e adulto e aborda unha aventura complementaria en formato novela gráfica onde coñeceremos a outros personaxes que pasarán a formar parte deste particular universo.

Anuncios