Esta semana, do 2 ao 4 de abril no Forum Metropolitano da Coruña, estase celebrando o “Certámen ESCALA 2015XVIII INTERNATIONAL MODEL SHOW”, organizado polo Centro Cultural ESCALA, o club coruñés de maquetismo e Wargame.

Temos que destacar que esta tarde do venres 3 de abril podedes asistir a unha “MASTER CLASS” de Ángel Giráldez, autor do libro “Painting Miniatures from A to Z”, dedicado ás técnicas pictóricas de miniaturas. Nado en Vigo, Ángel Giraldez é probablemente un dos mellores e máis famosos artistas europeos de miniaturas. Teremos o privilexio de contar con el para darnos unha charla de pintura, ver as súas últimas obras e saber máis tanto da súa traxectoria como dos seus trucos e habilidades en directo.

Masterclass de Angel Giraldez

A continuación deixámosvos algúns dos seus traballos, que podedes ver na súa web:

Studio giraldez

Studio giraldez

Studio giraldez

Studio giraldez

Anuncios