Cómics de Sagrada Familia expostos na Biblioteca Os Rosales

Durante os meses de abril e maio, a 8ª fase da nosa particular Operación Crossover estará funcionando nas Bibliotecas Municipais. ¿Pero… en que consistía este Crossover? Para dar a coñecer mellor os cómics que forman parte das nosas comictecas, intercambiamos lotes de cómics ben interesantes, nesta ocasión, entre as seguintes Bibliotecas:

Biblioteca Forum Metropolitano – Biblioteca Monte Alto

Biblioteca Ágora – Biblioteca Castrillón

Biblioteca Sagrada Familia – Biblioteca Os Rosales

Estos lotes son só unha pequena mostra da cantidade de cómics diferentes que podedes atopar en cada unha das nosas comictecas. Xuntos forman unha única colección! A dos cómics que con tanto mimo seleccionamos desde o equipo Fancómic.

Xa sabedes entón, que se vos interesa un título que se atopa noutra comicteca da Rede, con pedilo no mostrador da vosa Biblioteca mais cercana, xa o tedes feito (nos mandámosvos un sms ao voso móbil cando esté listo para que os veñades recoller). Achegádevos a coñecer os lotes!!!

Anuncios