Zoomorfismo substantivo masculino 1Culto relixioso ás divindades con forma de animais.Unha tribo que practica o zoomorfismo.2Metamorfose en animal.Non creo no zoomorfismo.3Feito de usar animais en arte, pintura, escultura etc.A decoración caracterízase por un zoomorfismo moi occidentalizado.

Segundo o Diccionario da Real Academia Galega

Zoomorfismo mola, porque é unha palabra polisílaba, porque é unha palabra composta, técnica, culta e inclúe o fetiche morfo, que penso que para o 95% da poboación mundial constitúe a morfoloxía dos soños de todxs nós, as formas da nosa imaxinación, ou as formas dos nosos mellores pesadelos…

Pola miña querencia a todos eses ritos paganos que enchen a nosa tradición oral e ritual quedo coa primeira acepción –sí, son un pouco jipi, que pasa?- e pola miña cabeza transitan todo tipo de fantasías animadas e animadas reunións animistas onde atopamos ese vínculo coas chamadas do latexar da terra, o instinto, o desaprendido. Quizais por eso falar de cómic e animais me pon, digamos, alterado, cachondete vaia! O zoomorfismo soa a Power Ranger desfasado cuns cornos de cernuno na cabeza idolatrando ao sabugallo nunha ofrenda eterna de ósos e pedras. Que me pongo loco!ANIMALIZATION 01

E para presentar esta nova serie de post vencellados ao animal como concepto abstracto, apetéceme adentrarme no profundo das cavidades psicoanalíticas desa especie animal chamada ser humano. Como especie, hai tempo que perdeu todo rastro de animalidade e converteuse nun cúmulo de limitacións e regulamentacións creadas en base aos diferentes elementos de control social que nos configuran, creando eso que chaman “persoas”. Como animal, resulta nocivx para o seu propio entorno, enchendo de polución cada rincón dun planeta que un día foi seu fogar e agora morre colonizado pola grandeza do progreso humano.

Haarmaan. El carnicero de Hannover, un asesino en serie é un cómic de Peter Meer e Isabel Kreitz (2011) que retrata o casoHAARMANN FRAGMENTO do “Carniceiro de Hannover” entre 1923 e 1924 en Alemaña. Mais o retrato non é tan só dun episodio histórico como moitos de asasinato e sinrazón  – lembrades Abu Ghraib? A animalización con correas dxs torturadxs para representalxs como seres inferiores?  – senón o relato da bestia que nos habita e que sempre foi coñecida como “anormal”, o “monstruoso”, o medo personificado nunha cacería onde o ser humán perde a súa máscara racional e convive coa necesidade de sangue que nas guerras xustifica o colonialismo, na política as alianzas de poder e na cidadanía o control da poboación en base ao monopolio da violencia. Fritz Haarmann personifica o que Michel Foucault denominou como a “Vida dos homes infames”, existencias non normativas que por mezclar parte desa animalidade coas conductas normativas sociais convértense en perigosxs.

Á marxe de cada unha das teorías sobre o control social das nosas vidas, o certo é que como asesino en serie, FrizARGUMENTACIÓN HOMÓFOBA HAARMANNt Haarmann cobrouse unha boa chea de vidas coas que logo facía comercio vendendo a súa roupa e…a súa carne, máis barata que o normal na época dada a crise na que Alemaña estaba sumerxida previa ao posterior ascenso oportunista do nacional-socialismo. A súa faceta de comerciante axudaba a pasar por alto o seu gusto pola caza –xa sabedes o que se di, “Barriga chea, non sente pena” – dxs que Eduardo Galeano chamaba Los nadies, todxs esxs que non valen nada, sen documentación, sen sitio ao que ir, sen ser rentables para o beneficio do Estado. Mais o que non podía pasarse por alto era o dato da súa sexualidade non normativa como motivo de inquedanza veciñal –si, si, a mesma que despois comía a carne- o feito é que Haarmann era homosexual, algo intolerable e contranatura que aquí resonou ata non hai tantísimo en forma de Ley de vagos y maleantes e na Alemaña da época axudou a representar a figura de Haarmann como un ser trastornado pola voluptuosidade do impulso sexual insaciable, e polo tanto animal –bendito psicoanálise-.

Asasinatos á parte, a animalidade agóchase no máis profundo dos nosos medos para alertar do anormal que supón unha persoa que non responda ás normas sociais, e a obra de Peter Meer e Isabel Kreitz escanea transversalmente unha sociedade que aínda non caducou de todo, onde o peor de todos os pesadelos é a sospeita de anormalidade, e onde o poder convive co delicto cando axuda a limpar a faciana do sistema.

POSRTADA HAARMANN LA CÚPULA

Haarmann: el carnicero de Hannover, un asesino en serie.

Kreitz, Isabel e Peter Meter. Barcelona: LaCúpula, 2011

Anuncios