As bibliotecarias dos Rosales estamos emocionadas cos cómics novos que incorporamos á nosa colección. Esperamos que as usuarias e usuarios da comicteca tamén 😉

Vinte títulos novos, practicamente todos novidades editoriais, do máis apetecibles para levar para casa en préstamo, ou ler directamente nos nosos cómodos sillóns. Xa sabedes ademáis que o préstamo entre as Bibliotecas Municipais da Coruña funciona ás mil marabillas! Así que achegádevos á vosa Biblioteca máis próxima, e pedide, pedide.

Cartel coas novidades de cómic de maio da Biblioteca Os Rosales

  1. El árabe del futuro, de Riad Sattouf [Premio mellor obra no Festival de Angulema de 2015]
  2. Cuando no sabes qué decir, de Cristina Durán e Miguel Á. Giner Bou
  3. Gastón Elgafe. Edición integral 1/4, de Franquin e Jidéhem
  4. El botones de verde caqui, de Olivier Schwartz, Yann e Laurence Croix
  5. El paseo de los sueños, de Zidrou e Mai Egurza
  6. Atrapado en Belchite, de Sento
  7. María cumple 20 años, de María Gallardo e Miguel Gallardo
  8. Los compañeros del crepúsculo, de François Bourgeon
  9. El infierno del dibujante, de Kiko da Silva [Premio Castelao de Cómic 2014]
  10. Chapuzas de amor, de Jaime Hernández
  11. El atentado, de Loïc Dauvillier e Glen Chapron [adaptación da novela de Yasmina Khadra]
  12. Naruto 69, de Masashi Kishimoto
  13. I am a hero 12, de Kengo Hanazawa
  14. Los dioses mienten, de Kaori Ozaki
  15. La balada del norte 1, de Alfonso Zapico
  16. Barcelona: Los vagabundos de la chatarra, de Jorge Carrión e Sagar
  17. La niña de sus ojos, de Mary M. Talbot e Bryan Talbot [donativo dun usuario]
  18. Carroñero, de Vilbor y Montalbá [donativo dun usuario]
  19. Soy de pueblo: manual para sobrevivir a la ciudad, de Moderna de Pueblo [Raquel Córcoles e Marta Rabadán] [donativo dun usuario]
  20. Café Budapest, de Alfonso Zapico [donativo dun usuario]

¿Que vos pareceu a selección? Esperamos os vosos comentarios. Lembrade ademáis que tendes o servizo de suxestións de compra. Entre todas e todos, imos construíndo a mellor colección de cómics posible!!!

Anuncios