Baixo o título “#ÉoCosmos!”, a Biblioteca Municipal Forum Metropolitano organiza nos meses de maio, xuño e xullo unha mostra cunha selección dos mellores materiais relacionados coa Astronomía, incluíndo as mellores novelas e películas de ciencia ficción. Ademais, dende a Biblioteca, e coa colaboración da Agrupación Astronómica Coruñesa Íopropoñémosche unha serie de actividades complementarias para achegar a Astronomía aos cidadáns.

Guía da Mostra de Astronomía

Pero que serían as mostras sen ter o complemento perfecto da Banda Deseñada. Astronomía serviu como fonte de inspiración a moitos debuxantes. Hergé sentiuse cativado pola astronomía desde que leu na súa adolescencia unha novela de Julio Verne titulada “La caza del meteoro”. Na novena arte atopamos grandes exemplos, estas son as nosas recomendacións:

 

Saga / guión, Brian K. Vaughan ; debuxo, Fiona Staples (Planeta DeAgostini, 2012-2014)Saga / guión, Brian K. Vaughan ; debuxo, Fiona Staples (Planeta DeAgostini, 2012-2014)

Saga é unha serie de cómic space opera épico/fantástico escrito por Brian K. Vaughan e ilustrado por Fiona Staples, publicado por Planeta DeAgostini. A serie está en gran medida influenciada por Star Wars, e está baseada en ideas que Vaughan tivo tanto cando era un neno e agora que é pai. Esta describe a dous amantes pertencentes a dúas razas extraterrestres envoltas nun longo conflito bélico, Alana e Marko, escapando das autoridades de ambos os lados dunha guerra galáctica mentres eles loitan por coidar á súa filla recentemente nada, Hazel, que ocasionalmente relata a serie.

Arzak : el vigilante / Moebius (Norma, 2011)

Arzak : el vigilante / Moebius (Norma, 2011)

Moebius cóntanos a historia dun dos seus personaxes máis icónicos , un curioso chapeu cónico. Un vehículo voador con forma de pterodáctilo. E unha vasta paisaxe no que até a máis mínima anomalía debe ser investigada. Moebius presenta, máis de trinta anos despois da súa primeira aparición, a historia de Arzak , o personaxe que revolucionou o cómic desde as páxinas de Métal Hurlant.

 

 

Science Fictión / guión, Simon ; debuxo, Kirby (Diábolo, 2013)

Science Fictión / guión, Simon ; debuxo, Kirby (Diábolo, 2013)

Neste tomo dos arquivos de Joe Simon e Jack Kirby, dedicado ao xénero da ciencia-ficción, recóllense máis de 40 historietas dos anos 40, 50 e 60inéditas no noso país. Simon e Kirby son dousdos mellores autores de cómics de todos os tempos, e dous dos máis creativos, e como fixeron con todos os xéneros que tocaron, sushistorias de ciencia-ficción marcaron unha época. Desde a mítica serie de “Blue Bolt” (na tradición de Flash Gordon e Buck Rogers) ás súas lendarias historias da era Sputnik, este volume é unha das maiores xoias do cómic. Ademais das historias de Simon e Kirby, temos historias de Wally Wood, ReedCrandall, Ao Williamson, Angelo Torres. O libro conta tamén cun prólogo de Dave Gibbons (Watchmen), artigos do prestixioso crítico Peter Sanderson, unha galería de portadas e moito máis material extra.

Lupus / Frederik Peeters (Astiberri, 2011)Lupus / Frederik Peeters (Astiberri, 2011)

Lupus empeza á maneira dun easy rider no espazo, presentándonos a dous amigos, Lupuse Tony, que se dedican a viaxar de planeta en planeta para gozar dos praceres do universo; con todo, pronto, coa entrada dun terceiro personaxe, Sanaa, a trama dá unha viraxe de 180 graos para converterse nunha especie de aventura iniciática á fuga. O debuxante suízo retoma en Lupus moitos dos temas -o amor,a amizade, a morte, a familia…- do seu exitoso relato autobiográfico, Pídoras azules (Astiberri, 2004), levándoos ao terreo da ciencia-ficción e profundando neles desde tangentes non habituais no medio. É esta unaobra máis madura e mesmo en ocasións máis emotiva, xa que, a pesar de estar ambientada nun marco xenérico -complexo e rico como poucos-, non deixa de afundir as súas raíces no armazóndas siemprecomplejas relacións humanas.

Objetivo : la luna / Hergé (Juventud, 1997)Objetivo : la luna / Hergé (Juventud, 1997)

Esta obra empezou a publicarse no semanario Tintín a partir do 30 de marzo do ano 1950, dezanove anos antes da chegada do home á lúa. Non se trata de ciencia ficción senón dunha anticipación tan precisa como lle foi posible. Hergé entrou en contacto co doutor Bernard Heuvelmans, autor do libro “L’homme parmis les étoiles” (O home entre as estrelas), especialista no tema, que colaborou co equipo. Realizouse unha maqueta extraordinaria do foguete, que foi sometida á aprobación de Ananolf, autor do libro “La astronáutica”. Era enteiramente desmontable e permitíalle en todo momento ao mozo Bob de Moor, responsable principal dos decorados, saber en que lugar da nave espacial atopábanse os personaxes.

La casta de los metabarones / Alejandro Jodorowsky & Juan Giménez (Mondadori, 2008)

La casta de los metabarones / Alejandro Jodorowsky & Juan Giménez (Mondadori, 2008)

Da imaxinación do polifacético Alejandro Jodorowsky  e ilustrada por Juan Giménez, lévanos a tráxica e dramática lenda dos Metabarones. Un mundo onde a fantasía e a ciencia ficción mestúranse para construír o escenario perfecto para un épico relato de Parricidio, destino, incesto e sangue, na máis pura tradición das traxedias gregas.  As historias están fortemente influenciadas polo universo presente na serie de novelas de Dune de Frank Herbert.

 

Estas son algunhas das nosas recomendacións, cales son as vosas??

Liniers..."y pensar que hay gente que cree que las estrellas estan en la television"

Anuncios