Mañá, venres 5, a partir das 19:30 h, Miguelanxo Prado estará na librería Alita Orzán, na Coruña, presentando e facendo unha sesión de sinaturas do seu último libro “Papeles dispersos II“.

Trátase da primeira presentación de Miguelanxo desta obra en Galicia, ademáis de ser un evento moi especial para a librería Alita, pois é a primeira vez que o teñen na tenda.

Cóntannos que Miguelanxo acompañará a charla dalgúns dos seus orixinais, así que é unha oportunidade única para poder disfrutar da obra, xunto ao propio autor e uns dos nosos libreiros imprescindibles 😉

 

Anuncios