Portada Sock MonkeySupoño que todxs tivemos animais de peluche na nosa nenez, algúns deles aínda conservados por esto de vivir nun mundo que nos leva a adoecer do síndrome de Peter Pan eternamente grazas a cosmética, a roupa de marca e, ao fin, a nosa propia mercantilización. Convertidxs nós mesmxs en peluches blandiños e con ollos de botón, vemos e consumimos realidades alleas e as facemos nosas, ao final somos parte da mesma ficción que buscamos no entretido das nosas redes sociales, non é? E chamamos a Charlie dúas veces para ver se está ahí mentras nos grabamos no cámara do teléfono para desfrutar do medo alleo no mar eterno do ciberespacio. Como decía Mucho Muchacho: “La mierda y los barcos flotan en el agua”.

Dotar de características humanas a personaxes animais é algo máis que coñecido en calquera trama narrativa, sexa cal sexa o formato. Dotar dunha mala baba suprema a esas personaxes imaxinadas moitas veces como dóciles, blandiñas, cariñosas, íntimas e propias desa idea bucólica da infancia -parece que ninguén lembra ao crecer que todxs fomos resultado dunha idealización que nos van sacando a h*s7i4s a base de realidade – xa non é tan habitual, pero presta tanto rirse do noso máis políticamente correcto eu interno…

Sock Monkey

“¿Oye, de qué te ríes?” dille Joe a Ed, “Del horror que supone estar vivo”, espétalle. Tony Millionaire espétanos centos destas respostas en Sock Monckey amosándonos as aventuras deste mono de trapo no medio dun universo que chama a atención polo clásico, desde a arquitectura histórica mencionada na introducción do cómic, ate unha linguaxe anquilosada na década dos 50 do século XX, onde insultos como botarate e expresións como carámbanos e canastos son suficiente artillería para unha bomba lapa de espíritu descreído.

Sock Moneky Pois aquí chavalada, o compañeiro Tony Millonaire recolle unha serie de tiras que recollen con gusto toda a mala baba e retorcido que un moniño de trapo e un corvo con ollos de botón poden ter. E se pensades que é pouca, pasádevos pola vosa biblioteca municipal máis cercana e pedídeo. Sarcástico, breve, abrupto, acedo, desfasado e tan divertido como a lobotomía caseira que ese doce duende faille á urraca!

Anuncios