La casa azul.Tyto Alba.PortadaCoyoacán en Náhualt significa o lugar onde abundan os coiotes. Os coiotes son eses animales canívoros que semellan unha mezcla de lobo no seu corpo e raposo no fociño e orellas. Coyoacán é un distrito de México DF no que se asenta unha casa azul onde nun tempo viviron cans e sapos humanos, mulleres case biomecánicas reconstruídas tras de accidentes casi mortales, e un sen fin de fauna diversa vencellada ao arte, á literatura, á creación e á imaxinación sen límites de cada un·ha de nós.

La Casa Azul é o nome da casa onde viviron Frida Khalo e Diego Rivera no distrito de Coyoacán. Unha casa máxica e chea de lembranzas que ten pulsións propias e que achega o sentir místico destxs creadorxs fondamente influenciadxs pola súa ideoloxía. Mais tamén é un cómic no que Tyto Alba recrea unha historia soterrada, a historia prohibida entre unha pintora que exorcizaba a súa dor corporal por medio de lienzos torturados e imaxes que mezclaban as próteses coas virxes, e as historias hinflamadas do alcohol dunha cantante que sempre fora á contra co seu aspecto disidente por desobedecer aos cánones do xénero nunha sociedade tan machista como masculinista. La casa azul

En La casa Azul (Astiberri, 2014). Tyto Alba recrea unha historia onírica na que fala da historia de amor vivida entre Chavela Vargas e Frida Khalo, unha historia que se move entre os tequilas de Chavela, daquela unha xoven cantante namorada da idea de poder facer a súa vida como lesbiana ao marchar de Costa Rica, e a vida marcada pola traxedia de Frida, ferida polo accidente que a postrou nunha cama chea de artiluxios, próteses e ensoñacións entre a dor mental e física e as súas ansias de morrer. Polo medio, o que Chavela denomina “sapo xigante”, Diego Rivera, o marido de Frida, debuxado entre trazos e palabras como alguén tan grande como xenial. Un triángulo de amor bizarro, diredes, ou máis ben unha historia de amor e liberdade que só pode transcorrer no microcosmos das vidas deixadas á marxe.

Mito ou realidade, o que nos interesa nas Bibliotecas é celebrar esa diversidade que significan os múltiples afectos e a capacidade de decidir libremente o camiño dos nosos sentimentos. Un ano máis, #asmunicipaisentenden, e aproveitando que hoxe é o día no que se celebra o anversario daqueles famosos disturbios de Stonewall nos que comezou a loita polos dereitos LGTBQi (Lesbianas, Gais, Transexuales, Bisexuales, Queer, intersexuadxs) en 1969, nos celebramos o noso animalario particular apostando pola liberdade de elección, de sentimentos e lembrando que a loita continúa. Por que a historia de Frida e Chavela é a dos afectos clandestinos que seguen a estar prohibidos, mirados e revisados por unha sociedade que avanzou o xusto, mais que aínda ten un longo camiño por diante ate deixar de ser homófoba.

Chavela Vargas e Frida KhaloFeliz día do Orgullo (animal e humano) 2015!

#léconorgullo

Anuncios