Luis Sendón presenta hoxe, Xoves 6 de Setembro, ás 20h en La Maleta (A Coruña) «Ad Mortem». Un libro que recolle a meirande parte dos seus traballos como ilustrador para bandas e festivais de música dos últimos 14 anos e que sae editado por Exhumed Movies Zine e Altar Mutante Comix. Nel pódense atopar portadas para bandas de diferentes partes do mundo como Xapón, Estados Unidos, Francia ou Brasil, así como carteis para varios festivais como o Barroselas Metal Fest Portugués ou Obscene Extreme Fest Checo. Sumando un total de máis de 100 deseños en 112 páxinas a cor.
A presentación irá acompañada dunha expo de orixinais a tinta que estarán á venda ata o día 31 de Agosto.