Recomendacións de cómic para nenos / Recomendaciones de cómics para niños

As Bibliotecas Municipais da Coruña xa estamos inmersas no Mes do Cómic e como non pode ser de outro xeito non nos esquecemos dos máis pequenos da casa.

Como xa temos falado noutras ocasións, estamos convencidos dos beneficios da súa lectura nas primeirs idades, xa que ler cómics, entre outras cousas:

  • fomenta a creatividade e a expresión artística,
  • estimula o desenvolvemento do pensamento lóxico, simbólico e analítico
  • e constitúe un acto natural nos nen@s, xa que primeiro len imaxes, igual que debuxan antes de escribir.

Por todo iso, e tamén para completar a oferta informativa da nosa caseta no festival Viñetas dende o Atlántico, elaboramos unha guía de recomendacións de cómic para nen@s, e queremos compartila tamén aquí.

Hoxe deixámosvos cas recomendacións ata 5 anos (Viñetas sen letras) e de 6 a 8 anos (O meu primeiro cómic).

Viñetas sen letras / Ata 5 anos

O meu primeiro cómic / De 6 a 8 anos

A semana próxima mostrarémosvos as recomendacións para rapaces entre 9 a 11 anos (Moreas de aventuras), para os de 12 a 14 anos (Palabras maiores),  e de Manga (Viñetas dende o Pacífico).

E lembrade que están todos dispoñibles na vosa biblioteca municipal máis próxima.

Anuncios