A Biblioteca Municipal Forum Metropolitano organiza un Obradoiro de iniciación ao Manga o xoves 20 de Agosto ás 11:30 h. Esta actividade forma parte do programa de dinamización lectora da Rede de Bibliotecas de Galicia, Ler conta moito.

Actividade creativa está dirixida a mozos/as a partir dos 9 anos e impartirao o estudo especializado en manga «Cerditos de Guinea«.

No taller traballarase sobre os pasos básicos e conceptos principais do manga e aprenderanse as técnicas e materiais usados polos profesionais xaponeses.

Para poder participar, os asistentes terán que inscribirse previamente a través da web Bibliotecas Municipais da Coruña, a partir de hoxe 13 de agosto ás 10:00 h.

Obradoiro de Manga