Psiconautas, o cómic de Alberto Vázquez publicado en 2006 por Astiberri, ten xa a súa adaptación á linguaxe cinematográfica baixo a dirección do propio autor coruñés e o bilbaíno Pedro Rivero, que se estreará con presentación dos directores este xoves 24, ás 20.30 h. nos Cinemas Príncipe, dentro da sección Zabaltegi do Festival de Cinema de San Sebastián. Vázquez e Rivero lograron múltiples premios internacionais cos seus anteriores dous traballos, as curtametraxes Birdboy tamén gañador dun Goya e “Sangre de unicornio finalista na última edición dos Goya.

A película contará con distribución internacional, e aínda que está pendente que se fixe a data do seu paso por salas comerciais españolas. O cómic Psiconautas, que conta xa con tres edicións no mercado español, está editado en Italia e farao nos próximos meses en Francia. A continuación presentámosvos o seu trailer.

Ocasión única para achergarse á obra de Alberto Vázquez. Brutal!

Anuncios