Comeza unha nova tempada do Club de Lectura de Cómics. Un espazo participativo e de reunión para intercambiar ideas, experiencias, pero sobre todo para comentar e valorar un cómic que se facilitará aos membros desde as Bibliotecas Municipais da Coruña.

O Club está dirixido a persoas a partir de 15 anos e o grupo reunirase o último mércores de cada mes ás 18:30 h. na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano da Coruña.

Se estas interesado, non agardes máis, dende 1 de outubre ábrese o prazo de inscrición para que poidas participar na tempada 2015-2016. Podes facelo de forma presencial na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano, chamando ao teléfono 981184298 ou vía email bforum@coruna.es. Prazas limitadas!!

Club de Lectura de Cómics

Se aínda tes dúbidas, aquí vai un adianto das próximas lecturas:

Blankets / Craig Thompson (Astiberri)

Blankets / Craig Thompson (Astiberri)

Criado na América profunda de Wisconsin, Thompson conta nesta novela autobiográfica a súa infancia e adolescencia apoiándose nun espléndido debuxo e pulso narrativo. Canso do autoritarismo paterno e dos abusos vividos na escola, Craig refúxiase no debuxo, un pracer frívolo do que os seus educadores se esforzan en apartarlle. O seu sentimento de culpabilidade alcanza o límite cando coñece a Raina nunha colonia de vacacións parroquial e namórase perdidamente dela. A férrea disciplina cristiá en que foi educado cambaléase.

As serpes cegas / Felipe Hernández Cava (Bd banda)

As serpes cegas / Felipe Hernández Cava ; Bartolomé Seguí (BD Banda)

A Ben Koch búscao un home estraño que viste de vermello, mais el aínda non o sabe porque ten a cabeza noutro lado. O propio Ben anda á súa vez na procura de alguén. Estamos en Nova York en 1939, a Guerra Civil está rematando e antes da tormenta mundial que se aproxima, algunhas contas deben ser saldadas.

Luthor / Brian Azzarello ; Lee Bermejo (ECC Cómics)

Luthor /  Brian Azzarello ; Lee Bermejo (ECC Cómics)

Influente e poderoso magnate posuidor dunha mente privilexiada, Lex Luthor está disposto a empregar os inesgotables recursos ao seu alcance para compartir coa opinión pública a súa certeza: que lonxe de ser o proclamado defensor de “a verdade, a xustiza e o modo de vida americano”, o alieníxena coñecido como Superman representa unha ameaza para a existencia da raza humana.

Recorda prazas limitadas!! Apúntate xa!

Anuncios