O humor gráfico volve encher as paredes da sala de exposicións do Museo do Humor de Fene. Dende o 2 de Outubro pode verse neste espazo cultural a exposición “Xeración Retranca”, promovida pola Concellería de Cultura e Ensino do Concello de Fene en colaboración coa Deputación da Coruña.

A mostra recolle orixinais de destacados humoristas galegos que formaron parte do elenco de autores que publicaron na revista Retranca entre os anos 2007 e 2011. Salientan nomes como Kiko da Silva, Pinto&Chinto, Leandro, Andrés Meixide, Miguelanxo Prado, Alberto Guitián, Luis Davila, Fernando Iglesias “Kohell” ou José Antonio “Bernal”, xunto cos clásicos do humor gráfico galego como Xaquín Marín, Siro López e Xosé Lois “O Carrabouxo”

Foto

A exposición “Xeración Retranca” permanecerá aberta ao público na sala de exposicións da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene do 2 ao 31 de outubro.

Horario de visitas: de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.

Fonte: AGPI

Anuncios