Despois de coñecela no pasado Festival de Viñetas, Moderna de Pueblo é un auténtico fenómeno de masas coa publicación de varios cómics, atopando tempo para seguir publicando contidos na súa propia web e colaborando con medios como Cuore, El País e GQ. Aquí van unha serie de recomendacións para escachar coa risa:

Croqueta y empanadilla / Ana Oncina (La Cúpula, 2014)

Croqueta y empanadilla / Ana Oncina (La Cúpula, 2014)

Cando un é unha croqueta, está inexorablemente predestinado a namorarse con tolemia dunha empanadilla. E como calquera parella de ben, deciden irse a vivir xuntos, aínda que ninguén dixo que a convivencia fose fácil! Croqueta e Empanadilla é tenro, divertido, e transmite un incrible bo “rollo”.

 

 

 

 

"Resaca

Resaca / Mamen Moreu (Astiberri, 2014)

Mamen Moreu retoma a Marcela, o personaxe nado nas tiras publicadas no Xoves, para crear Resaca, un cómic inédito a base de humor vándalo, sexo e alcol. A protagonista é unha moza de veintimuchos anos, que o único que ten claro é que os fins de semana son para saír de festa. Fiando historias na súa gran maioría inspiradas na vida e a contorna da autora, teñen cabida a crise previa (e non tan previa) aos 30, o abafo de atopar traballo, as amigas, que comezan a casar e ter fillos, a non aceptación da idade e seguir vivindo como unha postadolescente, mundo nocturno, mozos, cubalibres, camareiros… e póneis, moitos póneis.

 

Diario de una volátil / Agustina Guerrero (Lumen, 2014)Diario de una volátil / Agustina Guerrero (Lumen, 2014)

Cómic a modo de diario dunha moza de hoxe en día e a súa relación co mundo. Cousas que sentes e non podes contar… como un quéroche, así, de súpeto. Cousas que che dan vergoña, medo, preguiza… como colgar a coada cos calcetíns emparellados. Cousas que che fan sorrir, rir, chorar… como un luns calquera sen café e sen amor. Un mundo enteiro de detalles mozos e grandes que falan de ti, de min e de todos nós. La Volátil, unha treintañera con camiseta de raias que ve o mundo moi á súa maneira: aquí está por fin, e veu para quedar.

 

Todas las mujeres alteradas / Maitena (Lumen, 2007)Todas las mujeres alteradas / Maitena (Lumen, 2007)

A xenial e irrepetible Maitena reúne nun só volume toda a serie de Mujeres alteradas con historias inéditas, material adicional e un prólogo revelador no que nos fala do seu traballo ao longo de todos estes anos. Trátase do volume esencial de Maitena, a crónica impenitente e hilarante dunha época e a summa de todo un período creativo, frutífero e iluminador.

 

 


Los lunes me odian / Laura Santolaya del Burgo (Santillana, 2014)Los lunes me odian / Laura Santolaya del Burgo (Santillana, 2014)

“Non estou segura de se odio os luns ou os luns ódianme a min, pregúntome se será algo persoal”. P8ladasRebelde, incorrecta e algo canalla, P8ladas, álter ego de Laura Santolaya, é un ser libre cunha existencia viertual na que calquera parecido coa coincidencia é pura realidade. Gustaríalle vivir nun mundo e n o que non importase a beleza nin o diñeiro, pero este é o único que ten. Os luns simbolizan o que máis odia: o traballo, a dieta, a hipocrisía, a estupidez…; nada disto ten cabida no seu”mundo perfecto”.

 

 

Institutos / Caniculada (Astiberri, 2014)Institutos / Caniculada (Astiberri, 2014)

As autoras do webcómic Caniculadas (Carla Berrocal, Natacha Bustos, Srta. M., Mamen Moreu, Mireia Pérez, Clara Soriano e Bea Tormo) apodéranse con sobrada vis cómica neste monográfico inédito, Institutos, das lendas que máis turbaron a nosa adolescencia: espíritos diabólicos, bichos malignos, o espello e Verónica… e sobre todo considerables cogorzas.

 

 

 

A dieta de tíos / Las Rayadas, Ester & Sandra Córcoles (Lunwerg, cop. 2015)

A dieta de tíos / Las Rayadas, Ester & Sandra Córcoles (Lunwerg, cop. 2015)

Las Rayadas chegan pisando forte co seu primeiro libro, unha infinidade de divertidas historias coas que calquera moza se sentirá identificada. As Raiadas cómense o tarro como calquera moza, aínda que elas conseguen sacar o lado humorístico a todo. Neste libro, recollen unha infinidade de historias autoconclusivas relaciona dás con temas como a amizade, os mozos, os estudos, as festas… e protagonizadas por dúas xemelgas totalmente contrapostas

Anuncios