O noso David Rubín é un autor que non para de editar novos traballos, e que non descansa para que todos os exemplares das súas obras estén asinados, propiciando así o encontro autor-lector! Na Coruña, terémolo por partida dobre:

Este venres 27 de novembro, estará na libraría Alita Cómics (Rúa Orzán n. 94), xunto con Miguelanxo Prado. E é que veñen de publicar conxuntamente o catálogo Miguel EN Cervantes. El retablo de las maravillas, da man de Astiberri.

O sábado 26 de decembro, volverá coma o turrón, a Alita Cómics (Orzán) a seguir asinando calquera dos seus cómics: tanto das últimas novidades que están saíndo estos días coma de calquer libro no que participe. É un fóra de serie!

Calendario de presentaciones de David Rubín

Pola nosa parte, en cada unha das Bibliotecas Municipais, podedes levar para casa prestados moitos dos cómics de Rubín, asinados e dedicados para vós, queridos usuarios das nosas comictecas 😉