Á espera no orzamento do 2016 para a compra de novos cómics para a Biblioteca Os Rosales, podedes gozar das últimas adquisicións de bibliotecas como Ágora ou Forum, que sí foron máis previsores e gardaron uns últimos cartiños para as novidades de cómic de final de ano, ou vir a dos Rosales a ler e levar en préstamo una boa doazón, que inclúe os seguintes títulos:

De padres e hijos / Jeffrey Brown (La Cúpula, 2013)

Bukowski / Schultheiss (La Cúpula, 2012)

Templanza: el poder del miedo / Cathy Malkasian (La Cúpula, 2010)

La montaña mágica / Jiro Taniguchi (Ponent Mon, 2009)

Elektra asesina / guión, Frank Miller ; debuxo e cor, Bill Sienkiewicz (Panini, 2011)

¡Traedme la cabeza de Willy el recadero: un libro Dilbert / de Scott Adams (Granica, 1999)

A vitoria final / guión Iban Zaldua ; debuxos Julen Ribas (Urco, 2014)

El Folies Bergère / Zidrou & Porcel (Norma, 2013)

X-Men: Civil War / guión, David Hine; debuxos, Yanick Paquette (Panini, 2007)

Pero ademáis sí contamos con dúas adquisicións moi especiais. De autores galegos (José Domingo como se o fose 😉 hehe) e asinados e dedicaos ás lectoras e lectores dos Rosales. Dende logo, todo un privilexio. Trátase de Pablo & Jane en la dimensión de los monstruos de José Domingo e Miguel EN Cervantes. El retablo de las maravillas de Miguelanxo Prado e David Rubín.

¿¿¿Vós xa tedes as vosas cartas ao Apalpador, Papa Noel e/ou Reis Magos??? Porque a nosa listaxe de desexos da a volta á praza. Hai cantidade de novidades de cómic que podedes ver nas vosas librarías favoritas, ou descubrindo as recomendacións que nos achegan no programa de Banda Deseñada, Metrópoles Delirantes. O difícil vai ser elexir 😉

Anuncios