Cada Nadal espremémonos os miolos para atopar o agasallo máis axeitado para nosos peques e por suposto un libro SEMPRE é unha boa opción.

Regalar cómics resulta divertido e estimulante tanto para quen regala como para quen recibe; tentamos que lles faga ilusión, que o formato sexa atractivo e lles sorprenda, que o contido sexa de calidade e adecuado á súa idade… e como esta tarefa lévase mellor cunha axudiña, aí van as nosas ideas para regalar cómics infantís nestas festas.

E o próximo luns 21, máis ideas!

cafecito

Cando Cafecito atopa a un extrano paxariño chorando, non dubida en axudalo. Perdeuse e quere voltar a casa, pero non está moi claro se a súa nai é unha galiña, unha águia ou unha avestruz. Na súa busca, vivirán xuntos situacións tronchantes e sorprendentes.

Trátase do número 13 da colección Mamut da fantástica Bang Ediciones. Unha proposta sen texto para os máis peques, con imaxes tenras e graciosas capaces de transmitir o valor da empatía e a solidariedade.

PAPIRO

Dous anos despois do éxito de Asterix e os pictos, os personaxes creados por René Goscinny e Albert Uderzo volven nun álbum escrito por Jean Uves Ferri e deseñado por Didier Conrad.

Nesta ocasión, os novos autores inspíranse na actual sociedade da comunicación para crear unha historia repleta de xogos de palabras, na que aparecen personaxes como Redwífix ou os lexionarios Antivírus, ou un esquío que solamente fala dicindo tuit.

almondigas-del-espacio

Ambientada nun futuro afastado aínda que familiar, Violeta embárcase na atrevida misión de salvar ao seu pai, desaparecido no transcurso dunha empresa arriscada. Pero, a pesar de que o espazo é amplo e perigoso, non haberá nada que impida a Violeta e ao grupo de inadaptados amigos que a acompañan volver reunir aos seus.

Esta nova aventura espacial do creador de Blankets e Habibi, fala de temas como a familia, a amizade, a lealdade e o medio ambiente.

Xa sabedes que podedes botarlles un ollo antes de mercalos na vosa biblioteca municipal máis próxima.

Anuncios