O prometido é débeda e hoxe continuamos ofrecéndovos propostas interesantes para atopar o mellor agasallo nestas festas.

E nesta ocasión, cun suculento bonus track para vos, adult*s amantes da banda deseñada, que seleccionades cuidadosamente os mellores cómics para os vosos peques.

Fenn e a pera. Jim Pluk / Bang ediciones. Colección Mamut. 2015.

fenn

Esta historia sen palabras nos achega ás aventuras do raposo Fenn, que descubre o mundo que lle rodea a través da experiencia intentando averiguar para que sirve unha pera. Un pequeno e travieso científico, co que se sentirán moi identificados os rapaces a partir dos 3 anos.

Éste é un libro perfecto para os que comezan a adentrarase no mundo do cómic, con viñetas grandes, ilustracións sinxelas e fácilmente recoñecibles e cores planos, trátase dunha das últimas novidades da Colección Mamut.

Pablo & Jane: en la dimensión de los monstruos. José Domingo/ Astiberri. 2015.

O novo traballo de José Domingo é un divertido cómic para nen*s epablo y jane tamén un xogo interactivo. Conta a historia de dous rapaces que se aburren nunha tarde de choiva e que son atraídos, pola súa curiosidade, ata a Dimensión dos Monstruos, da que non poderán saír sen a axuda dos lectores na busca de varios obxectos dentro das súas superpoboadas páxinas. Tedes máis información sobre esta maravilla de libro na nosa Guía de Nadal 2015.

Paula Crusoe 1: Náufraga. Mathilde Domecq / Dibbuks. 2015.

Primpaulacrusoeeira entrega da triloxía na que coñecemos a Paula e a súa familia, que naufragan nunha “illa paradisíaca” e supostamente deserta, na que terán que aprender a sobrevivir sen ordenador e sen internet. O peor non será ter que buscar auga, comida ou refuxio, senon, non poder subir as fotos da aventura ao Facebook!

Con ilustracións fantásticas de cores suaves, esta historia gustará a rapaces dende os 8-9 anos ata os 99.

E como BONUS TRACK… unha lectura deliciosa para estes días de Nadal:

Macanudazo. Vols. 1 al 10. Liniers / Reservoir Books. 2015

Liniers recolle todas as súas tiras nun fantástico volume, tras 10 amacanudazonos de pequenas historias maravillosamente tenras e intelixentes. 1055 páxinas de humor e reflexións excepcionais  xunto cas peculiares personaxes creadas por este fantástico debuxante: os pingüinos, o gato Fellini, Enriqueta e Mandariaga, os elfos, o misterioso home de negro, Olga, el robot sensible…

Felices festas e felices lecturas para tod*s!!!!

 

Anuncios