Na Biblioteca Os Rosales comezamos o ano coa mostra “O + 2015”, cómic, novela de adultos e xuvenil e o cine que foi máis prestado durante todo o 2015. Sodes usuarios con moi bo gusto!

Vinte títulos que viaxaron en moitas ocasións ás vosas casas! Aí vai a relación dos cómics:

1. Los muertos vivientes
2. I am a Hero
3. Aya de Yopougon
4. Los años dulces
5. Degenerado
6. El paseo de los sueños
7. Lulú, mujer desnuda
8. Yo, asesino
9. O Bichero
10. La mondaine
11. Croqueta y empanadilla
12. Los capullos no regalan flores
13. Come prima
14. El árabe del futuro
15. Nordés
16. Las meninas
17. El ultimo vuelo
18. La balada del norte
19. No puedes besar a quien quieras
20. Maus

Entre os máis prestados temos moitas novidades pero tamén as obras das convidadas e convidados ao #Viñetas2015, así como algúns títulos que levan xa tempo e tempo entre nós.

Eu, como bibliotecaria dos Rosales, teño claro cales son os gustos maioritarios das persoas que len cómic no noso barrio. O noso reto é dobre e sempre é o mesmo: mimar a quen xa le cómic, coidando a selección, e sobre todo, facer novas e novos lectores. Estamos no camiño!

Anuncios