O ano no que nacimos

O COLECTIVO MIÑOCO naceu no 2011 coa intención de promover o traballo de diferentes ilustradores e poder realizar diferentes tipos de actividades, tanto lúdicas como educativas arredor do debuxo e a ilustración. Ao longo dos anos realizaron diversas mostras colectivas e participaron en eventos en diferentes puntos da xeografía galega como Santiago, Arzúa, Ourense e A Coruña.

O ANO NO QUE NACIMOS pretende ser unha retrospectiva da infancia dos ilustradores do Colectivo Miñoco, pero tamén de toda a súa xeración. Cada autor, baseándose na súa experiencia persoal, buscará referentes históricos do ano no que naceu para elaborar dúas ilustracións. Estas dúas obras estarán acompañadas por outra lámina con parte do seu proceso creativo.

Na actualidade Miñoco está formado por 10 ilustradores: Yago García, Jorge Peral, María Álvarez, Juan D. Guevara, Alberto Fernández, Sonia Corral, Rebeca Varela, Roberto M. Soler, Paula Esteban e Xulia Pisón.

Fonte: Cultura Coruña

Anuncios