Xa Ovidio deixara patente coas súas Metamorfosis a universalidade da característica mutante. Máis alá do mitolóxico, nós mesmxs non deixamos de mutar.  Xunto con nós os nosos proxectos vitais mutan, os nosos intereses mutan, o espazo e o tempo que habitamos é tamén mutante e facémolo mutar.

E diredes, a qué ven esto? As Tartarugas Mutantes poden vir á mente ou a característica líquida que Zygmut Bauman imprime a toda a toda a súa visión do mundo actual. En realidade nin una cousa ni a outra, pero un pouco de todo. Neste tempo licuoso o material, con todo o que importa, tende a desaparecer para se converter en materia non tanxible e así prodúcense as mutacións de proxectos que noutra hora naceron dun xeito e terminan sendo doutro.

Desta volta, parrafadas ao marxe, o proxecto distribuidor Nueva Valquirias ven de surtir á DONATIVO 008biblioteca de Ágora cun donativo de cómic manga para o desfrute de todxs xs otakus da cidade. Este proxecto distribuidor naceu como tenda física fora de Galicia e foi cando a mudanza da súa creadora a Coruña que mutou en forma de tenda online. O resultado é que todo o material físico na tenda terminou por ser doado á Biblioteca de Ágora, onde acabamos de incorporar una chea de números –algúns soltos, outros coleccións parciais- de mangas que poida que non coñezas ou non tiveras a oportunidade de ler.

Dende a biblioteca de Ágora e en nome de todas as Bibliotecas Municipais, graciñas Nueva Valquirias por axudarnos ao disfrute de toda a comunidade!

DONATIVO 003

Anuncios