Que as mulleres fan cómic, témolo claro! Pero nunca está de máis incidir sobre un tema, que dende o o grupo de Fancómic traballamos durante todo o ano, pero que facemos explícito tamén polo Día Internacional da Muller.

Na Biblioteca Monte Alto ofrecémosche #WomenDoBD, unha selección de materiais que afondan na figura da muller no cómic ao fío da polémica do Salón do Cómic de Angoulême: de 30 candidatos ao premio, ningunha era muller.

We Do It TooA Asociación de Autora de Cómic (ACC) rapidamente apoiou ao Collectif des créatrices de bande dessinée contre le sexisme na súa iniciativa de boicot ao Festival. No seu comunicado, no que decidiron non votar os premios desta última edición, dicían:

“30 nominados. 0 mulleres. Protestamos contra esta discriminación tan evidente, esta negación total da nosa representación nun medio que conta con máis e máis mulleres”. “A lista de nominados debe representar de maneira real e efectiva o que é o cómic hoxe, un medio onde as autoras son tamén referente“.

De feito, e para que esto non pase nos premios do noso país, coma no vindeiro 34 Salón do Cómic de Barcelona, por exemplo, a AAC acaba de publicar unha listaxe coas obras publicadas no último ano en España de autoras tanto nacionais coma estranxeiras. É unha necesaria labor de visibilizar e normalizar a presenza das mulleres no mundo do cómic. Nunca estará de máis ata lograr a igualdade real.

Recientemente tivemos unha polémica similiar aquí. Naceu unha nova revista de cómic, cuns autores marabillosos, pero na que non figuraba ningunha muller: La Resistencia. Pero onte, enterámonos da noticia dunha nova revista, está sí con mulleres autoras de cómic: Voltio. Viva!!!

A selección da Biblioteca Monte Alto inclúe máis de 30 títulos. O mellor será que vaiades consultalos á súa exposición, así coma no resto de comictecas das biblios.

Mostra na Biblioteca Monte Alto

Podedes ademáis, disfrutar de diferentes actividades polo Día Internacional da Muller nas Bibliotecas Municipais, así como seguir achegando novas obras á wiki colaborativa de “Mulleres coraxe“.

Por último, solo recordarvos que este tema xa o traballamos nos post de Fancómic: “Mulleres coraxe no cómic: mostras nas Bibliotecas Municipais polo Mes do cómic” e “Mulleres coraxe: no cómic“, algo que non deixaremos nunca de reivindicar.

Anuncios