Premios FicomicOnte coñecimos as nominacións aos Premios do 34 Salón Internacional do Cómic de Barcelona, o máis prestixioso do noso país. Estos premios teñen o obxectivo de promocionar aos nosos autores e os seus editores, sen ovbiar o recoñecemento ás mellores obras extranxeiras publicadas en España no ano 2015. Os galardóns, queren amosar a riqueza e a diversidade do cómic que se publica en España, sen olvidar ao nosos novos valores e aos fanzines. Son os propios profesionais do cómic os que elixen en votación aos nominados, nas seguintes categorías:

Mellor obra de autor/autora español/a publicada en España en 2015

Barcelona. Los vagabundos de la chatarra de Jorge Carrión e Sagar (Norma Editorial)

Corto Maltés. Bajo el sol de medianoche de Juan Díaz Canales e Rubén Pellejero (Norma Editorial)

El fantasma de Gaudí de El Torres e Jesús Alonso Iglesias (Dibbuks)

El mundo a tus pies de Nadar (Astiberri Ediciones)

¡García! 1 de Santiago García e Luís Bustos (Astiberri Ediciones)

La balada del norte. Tomo 1 de Alfonso Zapico (Astiberri Ediciones)

La casa de Paco Roca (Astiberri Ediciones)

La casa. Crónica de una conquista de Daniel Torres (Norma Editorial)

La última aventura de Josep Busquet e Javi de Castro (Dibbuks)

Rituales de Álvaro Ortiz (Astiberri Ediciones)

 

Mellor obra de autor/autora estranxeiro/a publicada en España en 2015

Aquí de Richard McGuire (Salamandra Graphic)

Chapuzas de amor de Jaime Hernández (Ediciones La Cúpula)

Cruzando el bosque de Emily Carroll (Roca Editorial)

El árabe del futuro de Riad Sattouf (Salamandra Graphic)

El escultor de Scott McCloud (Planeta Cómic)

El hombre sin talento de Yoshiharu Tsuge (Gallo Nero)

Julie Doucet. Cómics (1986-1993) de Julie Doucet (Fulgencio Pimentel)

Last man de Balak, Sanlaville e Vivés (Diábolo Ediciones)

Tyler Cross 2: Angola de Fabien Nury e Brüno (Dibbuks)

Una aventura de SpirouEl botones de verde caqui de Yann e Olivier Schwartz (Dibbuks)

 

Autor/Autora revelación español/a do 2015

Cristian Robles                                                                            

Javi de Castro                                                                    

Jorge Monlongo                                                                

Mai Egurza                                                                           

Nadar       

                                                                            

Mellor fanzine español do 2015

Fanzipote

La gallina vasca

Nimio

Paranoidland         

Zocalo Fanzine

Este ano temos representación galega entre os nominados grazas a Jorge Monlongo e ao fanzine Nimio, que conta con colaboracións de autores galegos.

Pero ademáis, os aficionados ao cómic e o público en xeral poderemos elexir directamente o Mellor Cómic publicado en España en 2015, xa sexa de autoría nacional ou estranxeira. Esta votación farase na web http://www.ficomic.com entre o luns 14 de marzo e finalizará o xoves 21 de abril.

No mes de maio, durante a celebración do Festival, coñeceremos ás gañadoras e gañadores dos Premios. Mentres, podedes ir disfrutando destas obras, a maior parte, xa no fondo das nosas comictecas! Consultade no noso catálogo, pedide, reservade, lede!!!

Onte, Día Intenacional da Muller, non está de máis recordar a “axuda” que, a modo de recordatorio, facíalles a Ficomic a Asociación de Autoras de Cómic, coa lista de cómics publicados en España en 2015 de autoras nacionais e estranxeiras, e de autoras de fanzines nacionais. Non parece que teña sido moi considerada á vista das nominacións… Veremos.

Anuncios