Interior museo del humor en FeneO Concello de Fene convoca a vixésima edición do concurso “Coruxa do humor” para humoristas gráficos que poderán presentar un só debuxo ata o 30 de maio de 2016 ás 14:00 horas.

As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita. Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente. A dimensión máxima do debuxo será de 29,7×42 cm (A3). Non se admitirán fotocopias nin gravados.

Os premios son:

Categoría CURUXA (maiores de 25 anos)

  • 1.º Premio, dotado con 2.000 euros e diploma
  • 2.º Premio, dotado con 1.500 euros e diploma

Categoría CURUXA-NOVA (menores de 25 anos)

  • 1.º Premio, dotado con 1.000 euros e diploma
  • 2.º Premio, dotado con 500 euros e diploma

CONTACTO: Concello de Fene, Rúa do concello s/n, Fene (A Coruña). Tel. 981 492 707.

PUBLICACIÓN OFICIAL:  BOP 25-02-2016

Anuncios