A_Dragon_Ball_z_Saga_de_Boo

Este sábado día 23 dende as 20:00h ata as 22:00h David Pazos dará charla sobre “Dragon Ball: o cine e as súas influencias”, dentro das actividades de Nocturnia.

Esta charla está destinada á rapazada de A Coruña e tenta achegarlles tanto o manga como o cine A charla terá lugar no Espazo de Iniciativas Xuvenís.

A charla será unha viaxe a través das influencias cinematográficas do manga e do anime Dragon Ball, un percorrido apasioante no que o cine fantástico e ciencia ficción cobra vital importancia para descubrir secretos da historia xaponesa máis popular. Entre os filmes que teñen conexión directa co famoso manga e anime atópanse Dune (David Lynch), Superman (Richard Donner), Star Wars (George Lucas), ou Metropilis (Fritz Lang).

Planazo para o sábado á noite!!!

Anuncios