Presentación alita

Non vos tardaba xa esta cuarta entrega do fanzine mais infecto e ferruxento? A nós si. Menos mal que os únicos autores que polo día viven rodeados de cadáveres e pola noite de tinta, montan hoxe unha festa de outro mundo para dar-lle a benvida que se merece. Kike Benlloch, Manel Cráneo, Álvaro López, Jorge Peral, Diego Sendón e Luis Sendón serán os mestres de cerimónias para invocar os putrefactos espíritos da BD e relatar as torturadas aventuras que serviron para perpetrar esta afrenta à racionalidade. E con cervexa!! Xa sabedes, hoxe, venres 29 de Abril, às 19.30 h. en Alita cómics!!

Anuncios