No mes de maio, voltamos a sacar cómics novos na Biblioteca Os Rosales. E máis que mercaríamos se nos deixasen… hehe. Porque está sendo unha primavera chea de novidades editoriais imprescindibles para calquera boa comicteca que se prece.

Falta pouco para o Salón de Barcelona e eso nótase nas librerías, ás que non deixan de chegar títulos que apetece ler e recomendar unha e outra vez nos nosos mostradores.

Cómics como Aquí vivió, El ala rota, Intrusos, Paciencia, Un gusano en la fruta ou La casa: crónica de una conquista sabemos dende xa que serán das lecturas máis prestadas da Biblioteca neste ano e por moito tempo.

Duerme pueblo é obra da nosa queridísima autora Xulia Vicente, que xunto coa súa compañeira de Belas Artes da Universidade Politécnica de Valencia, Núria Tamarit, acaban de firmar o seu primeiro traballo a catro mans (edita La Cúpula). Esperamos tela pronto facendo unha presentación como se merece, nas nosas bibliotecas!

Máis obra de autores locais, as publicacións que a AGPI cedeu ás Bibliotecas Municipais, grazas á exposición e actividades que están levando a cabo os compañeiros da Biblioteca Forum: IlustrArte.

Completamos series/segundas partes con Sunny 3, Ms. Marvel 2 e 3, El árabe del futuro 2 e Paseos de un gourmet solitario. E xa non sigo… Deíxovos co cartel das novidades, botádelle un ollo ás cubertas e xa comentamos!

Cartel coas novidades de cómic na Biblioteca Os Rosales

Anuncios