El garaje hermético ten un gran nivel de improvisación, é unha historia desfiañada e con frecuencia incoherente, sendo pola contra un laboratorio de ideas, un universo de gran riqueza e matices, con múltiples referencias á ciencia ficción. A todos os amantes deste xénero e o ciberpunk recomendamos os seguintes cómics:

El Incal / Jodorowsky ; Moebius (Norma, 2011)El Incal / Jodorowsky ; Moebius (Norma, 2011)

El Incal converteuse por méritos propios nunha das obras máis importantes do cómic europeo contemporáneo e a súa historia creou un universo que segue ampliándose aínda hoxe en día.

Nesta edición, que recupera a cor orixinal da primeira, reencontrámonos cunha serie de personaxes que se converteron en clásicos e que nos acompañarán nunha viaxe apaixonante ao imaxinario onírico de dous autores imprescindibles.

 

 

Transmetropolitan / regreso a las calles guión, Warren Ellis ; dibujo, Darick Robertson (Planeta DeAgostini, 2006-2008)Transmetropolitan : regreso a las calles / guión, Warren Ellis ; dibujo, Darick Robertson (Planeta DeAgostini, 2006-2008)

O xornalista Spider Jerusalem pasou o últimos cinco anos da súa vida illado nun refuxio na montaña. Agora regresa á cidade traendo consigo a verdade e o caos. Armado cun computador portátil e unha linguaxe vitriólico, convértese no azoute dos poderosos denunciando os abusos e as mentiras caia quen caia, sexa líder relixioso, presentador televisivo ou presidente da nación (a quen Spider chama, cariñosamente, a besta). O guionista Warren Ellis (Planetary) e o debuxante Darick Robertson asinan unha sátira feroz que carga contra o conformismo e a pasividade dunha sociedade enferma.

 

El Eternauta / guión, H. G. Oesterheld ; dibujo, F. Solano López (Norma, 2007)El Eternauta / guión, H. G. Oesterheld ; dibujo, F. Solano López (Norma, 2007)

O gran clásico de ciencia ficción e aventuras arxentino, Héctor G. Oesterheld (Ernie Pike) e F. Solano López reinventan o mito de Robinson Crusoe e crean un universo do que nunca che poderás esquecer. Se algunha vez en Buenos Aires neva, é que ocorre algo realmente catastrófico. Esta vez pode tratarse dunha praga mundial, unha traxedia que cambiará o destino da humanidade, un horror sen un rostro contra o que loitar.

 

V de vendetta / [guión], Alan Moore ; [dibujo], David Lloyd (Planeta DeAgostini, 2005)V de vendetta / [guión], Alan Moore ; [dibujo], David Lloyd (Planeta DeAgostini, 2005)

Estamos no ano 1997. Finalizou a III Guerra Mundial. Inglaterra converteuse nun estado fascista. Nestes tempos de desesperación e escuridade, aparece un misterioso individuo que se fai chamar “V” e que ataca aos intereses e axentes do estado, creando o caos. Pero, quen é “V”? Por que busca vinganza? A resposta coñecerémola grazas a Evey, unha moza de 16 anos que se viu obrigada a prostituírse para seguir adiante e que foi rescatada polo misterioso “V” de ser violada e asasinada polos mal chamados “axentes da orde” do estado. Tomada por “V” baixo o seu “coidado” (que en ocasións máis ben parece un cativerio), mediante a interacción de ambos os personaxes irásenos desvelando aos poucos o pasado e obxectivos do misterioso protagonista da historia mentres leva a cabo a súa cruzada contra o estado e imos coñecendo mellor este hipotético futuro.

Akira / Katsuhiro Otomo (Norma, 2005)Akira / Katsuhiro Otomo  (Norma, 2005)

Na hostil e caótica megalópolis de Neo Tokyo, Tetsuo e os seus compañeiros deberán pescudar o enigma de Akira, baixo o cal se esconde o máis arrepiante segredo científico. A edición definitiva dunha obra mestra do cómic xaponés -e tamén mundial- que non debe faltar no andel de calquera afeccionado ao cómic en xeral.

 

 

 

Recorda tamén que hai un ano fixemos na Biblioteca Forum unha mostra sobre Astronomía, que serviu como fonte de inspiración a moitos debuxantes, e deixamos no blog varias recomendacións.

Anuncios