Este venres 27 de maio temos unha cita ineludible na cidade. E é que temos a oportunidade de charlar con Miguelanxo Prado na presentación da súa última obra Presas fáciles na librería Alita Cómics (Orzán). O noso admirado autor local, director de Viñetas desde o Atlántico dende o seu nacemento alá polo 1998, presentou no último Salón do Cómic de Barcelona un cómic sobre a estafa das prefentes en Galicia.
Presas fáciles pódese adquirir tanto en galego, editado por El Patito Editorial, como en castelán, por Norma, como ven sendo habitual con toda a obra de Miguelanxo. En breve, poderedes disfrutar del tamén nas Bibliotecas Municipais.
Nós xa temos avisadas a todas as nosas integrantes dos clubs de lectura #CaféConLibros. Este curso quedaron realmente marabilladas co seu Ardalén. Esperamos que se animen a ir á presentación. O contacto directo cos autores é un privilexio que pon en valor, aínda máis, os seus traballos.
Lugar: Alita Cómics (Rúa Orzán 94)
Data e hora: venres 27 de maio, a partir das 19:00 h