A librería Alita Cómics (Orzán, 94) non para de facer presentacións estas semanas, e dende Fancómic non podemos deixar de recomendalas. Se o venres pasado, disfrutáchedes con Miguelanxo Prado e a súa última obra, Presas fáciles, esta fin de semana teñen cita por partida dobre, e onde as mulleres son as protagonistas absolutas.

O venres, 3 de xuño, a partir das 18 h, dannos a oportunidade de coñecer o proxecto Ilustrísima’s. Ilustrísima’s é un fanzine sobre tías que molan: malas, boas, mulleres na sombra e famosas que ben merecen unha homenaxe.

E o sábado, 4 de xuño, a partir das 19 h, Emma Ríos presentará o seu novo cómic I.D., editado por Astiberri e onde asina non só o debuxo, senón tamén o seu propio guión. Unha historia sobre a identidade, nunha fermosa edición onde a ilustración e a cor bitono atráennos moito!!!