Cartel Faladoiro Antonio Seijas-page-001

Dentro das actividades incluídas na programación da mostra bibliográfica IlustrArte contaremos coa presenza de Antonio Seijas na Biblioteca Forum o mércores día 8 ás 19:00h nun faladoiro no que nos falará sobre a súa obra e responderá a todas as cuestión que os asistentes lle expoñan.
Antonio Seijas (Ares, 1976) ilustrador e autor de banda deseñada, falarános do proceso de creación dos seus álbums de banda deseñada: “Un Hombre Feliz” (Premiado no Certame Castelao da Deputación da Coruña e Premio ao mellor guión no Saló de Cómic de Barcelona por votación popular), “Cartas de Inverno” adaptación da obra de Agustín Fernández Paz e Premio Isaac Diaz Pardo ao mellor libro ilustrado en Galicia 2012 pola Asociación Galega de Editores, e “A LUZ” Nomeada a Mellor Obra Española do 2014 nos Premios Expocómic. Así mesmo mostraranos imaxes dos seus traballos para cubertas de discos, libros, literatura infantil e xuvenil e pintura, e falará dos seus últimos proxectos.

A entrada é gratuita e ata completar aforo!!

Anuncios