Nestas datas non podemos resistir a tentación de presentaros o último traballo de Pepe Mansilla sobre a campaña electoral nas próximas eleccións

Pepe MansillaDexeneración Democrática 2 postúlase como unha banda deseñada exprés sobre a campaña electoral en Galicia das eleccións do 26-X. Unha peculiar ruta turística que leva ó autor a Santiago de Compostela para asistir ó inicio de campaña co mitin de EnMarea, ó acto do BNG-NÓS no feudo nacionalista de Carballo ou ós eventos de C’s e o PSOE en Coruña.

O humor desta banda deseñada ten o mesmo tono que practican os políticos en época de campaña electoral: está marcado de contradiccións, afirmacións controvertidas, sentencias simplistas, slogans que buscan máis o impacto que a verdade, reflexións febles e provocacións gratuitas para os votantes do PP, PSOE, C’s, EnMarea e BNG. Algo así como realizar unha operación a corazón aberto cunha machada. Non se busca que o lector saia vivo e feliz da operación, senón demostrar que conta con algo de sangue.

Dexeneración Democrática 2 : 40 páxinas (A5) B/N. Dispoñible en Alita Orzán e Alita Comics

Páxinas de mostra | Fanzine completo 

Anuncios